Touro pon en marcha ‘Xullo lúdico’, un programa educativo de lecer para os máis novos que concilia vida laboral e familiar
O Concello de Touro, como xa é tradicional nestas datas, pon en marcha o programa educativo ‘Xullo lúdico’, que ofrece actividades de lecer para os máis pequenos (idades entre os tres e os trece anos) para que nais e pais residentes no concello poidan conciliar a vida laboral e familiar durante as vacacións de verán. …